En cumprimiento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es
d) Data de publicación no perfil do contratante: 20 de mayo de 2016.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: obras.
b) Descrición: construción dunha piscina exterior na lagoa do Monte do Gozo.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación: 275.723,00 euros IVE excluído.
5. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 22 de agosto de 2016.
b) Data de formalización do contrato: 16 de septiembre de 2016.
c) Adxudicatario: UTE Excavaciones y Obras Candal, S.L. e Aquanor, Aguas del Noroeste, S.L.
d) Importe de adxudicación: 226.644,31 euros, IVE excluído.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.
Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2016
O/a director/a da Axencia Turismo de Galicia
P.S. (Orde do 22.8.2016; DOG do 25 de agosto)
Manuel Galdo Pérez
Secretario xeral da Presidencia