En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es
d) Data de publicación no perfil do contratante: 13 de xullo de 2016.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: obras.
b) Descrición: recuperación e sinalización dos diversos treitos do Camiño de Santiago do Norte, Ruta da Costa, adaptándoos á nova delimitación oficial 2013-2014. A contratación divídese nos lotes que se detallan a continuación:
Lote 1: recuperación, sinalización e melloras do Camiño de Santiago do Norte, Ruta da Costa, treito 1, de Ribadeo p.q. 182+355 a Lourenzá p.q. 150+494 e de Trabada p.q. 176+057 a Lourenzá p.q. 152+793, adaptado á delimitación oficial 2013-2014.
Lote 2: recuperación, sinalización e melloras do Camiño de Santiago do Norte, Ruta da Costa, treito 2, de Mondoñedo p.q. 150+494 a Vilalba p.q. 100+694 e de Lourenzá p.q. 152+793 a Abadín p.q. 133+648, adaptado á delimitación oficial 2013-2014.
Lote 3: recuperación, sinalización e melloras do Camiño de Santiago do Norte, Ruta da Costa, treito 3, de Guitiriz p.q. 100+694 a Friol p.q. 61+183, adaptado á delimitación oficial 2013-2014.
Lote 4: recuperación, sinalización e melloras do Camiño de Santiago do Norte, Ruta da Costa, treito 4, de Sobrado p.q. 61+183 a Arzúa p.q. 38+432 e de Sobrado p.q. 64+620 ao Pino p.q. 12+835, adaptado á delimitación oficial 2013-2014.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación: 1.267.973,05 €, IVE excluído, distribuído por lotes.
Lote 1. Importe sen IVE: 424.022,78 €. Importe IVE (21 %): 89.044,78 €. Total: 513.067,56 €.
Lote 2. Importe sen IVE: 571.973,37 €. Importe IVE (21 %): 120.114,41 €. Total: 692.087,78 €.
Lote 3. Importe sen IVE: 489.949,95 €. Importe IVE (21 %): 102.889,49 €. Total: 592.839,44 €.
Lote 4. Importe sen IVE: 421.936,83 €. Importe IVE (21 %): 88.606,73 €. Total: 510.543,56 €.
5. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación:
Lote 1: 19 de setembro de 2016.
Lote 2: 19 de setembro de 2016.
Lote 3: 19 de setembro de 2016.
Lote 4: 20 de setembro de 2016.
b) Data de formalización do contrato dos 4 lotes: 23 de setembro de 2016.
c) Adxudicatarias:
Lote 1: Construcciones Isidro Otero, S.L.
Lote 2: Construcciones Isidro Otero, S.L.
Lote 3: Misturas, Obras e Proxectos, S.A.
Lote 4: Probisa, Vías y Obras, S.L.
d) Importe de adxudicación (importe máximo de adxudicación).
Lote 1. Importe sen IVE: 296.391,92 €.
Lote 2. Importe sen IVE: 394.089,65 €.
Lote 3. Importe sen IVE: 340.711 €.
Lote 4. Importe sen IVE: 289.000 €.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.
Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2016
O/a director/a da Axencia Turismo de Galicia
P.S. (Orde do 22.8.2016; DOG do 25 de agosto)
Manuel Galdo Pérez
Secretario xeral da Presidencia