En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es
d) Data de publicación no perfil do contratante: 13 de xullo de 2016
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: obras.
b) Descrición: recuperación e sinalización dos diversos treitos do Camiño de Santiago do Norte, Ruta do Interior. Camiño Primitivo ou de Oviedo, adaptándoos á nova delimitación oficial. A contratación divídese nos lotes que se detallan a continuación:
Lote 1: recuperación, sinalización e melloras do Camiño de Santiago do Norte, Ruta do Interior, Camiño Primitivo ou de Oviedo, adaptándoos á nova delimitación oficial, treito I; A Fonsagrada, límite da Comunidade Autónoma ata o límite co Concello de Baleira.
Lote 2: recuperación, sinalización e melloras do Camiño de Santiago do Norte, Ruta do Interior, Camiño Primitivo ou de Oviedo, adaptándoos á nova delimitación oficial, treito II; límite do Concello de Baleira coa Fonsagrada ata San Miguel do Camiño en Castroverde.
Lote 3: recuperación, sinalización e melloras do Camiño de Santiago do Norte, Ruta do Interior, Camiño Primitivo ou de Oviedo, adaptándoos á nova delimitación oficial, treito III; desde San Miguel do Camiño en Castroverde ata Melide.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación: 1.267.973,05 €, IVE excluído, distribuído por lotes:
Lote 1. Importe sen IVE: 394.938,39 €. Importe IVE (21 %): 82.937,06 €. Total: 477.875,45 €.
Lote 2. Importe sen IVE: 425.487,81 €. Importe IVE (21 %): 89.352,44 €. Total: 514.840,25 €.
Lote 3. Importe sen IVE: 447.546,85 €. Importe IVE (21 %): 93.984,84 €. Total: 541.531,69 €.
5. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 20 de setembro de 2016.
b) Data de formalización do contrato: 23 de setembro de 2016.
c) Adxudicatarios:
Lote 1: Extraco, Obras e Proxectos, S.A.
Lote 2: Misturas, Obras e Proxectos, S.A.
Lote 3: Probisa Vías y Obras, S.L.U.
d) Importe de adxudicación (importe máximo de adxudicación):
Lote 1. Importe sen IVE: 274.442 €.
Lote 2. Importe sen IVE: 295.756 €.
Lote 3. Importe sen IVE: 306.800 €.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.
Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2016
O/a director/a da Axencia Turismo de Galicia
P.S. (Orde 22.8.2016, DOG do 25 de agosto)
Manuel Galdo Pérez
Secretario xeral da Presidencia