En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es
d) Data de publicación no perfil do contratante: 4 de agosto de 2016.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: servizo.
b) Descrición do obxecto: servizo de dirección da execución de obra e da coordinación da seguridade e saúde, por procedemento aberto, da obra do proxecto de construción da recuperación, sinalización e mellora do Camiño de Santiago do Norte, Ruta da Costa, adaptándo á delimitación oficial 2013-2014, documentalmente simplificado, cofinanciado no 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (P.I. 6.32).
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma de adxudicación: baseada en pluralidade de criterios.
4. Orzamento base de licitación.
Importe sen IVE: 72.716,76 €.
IVE (21%): 15.270,52 €.
Importe total IVE incluído: 87.987,28 €.
5. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 12 de setembro de 2016.
b) Data de formalización do contrato: 23 de setembro de 2016.
c) Adxudicataria: Estudio Técnico Gallego, S.A.
d) Importe de adxudicación: importe sen IVE: 48.250 €.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.
Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2016
O/a director/a da Axencia Turismo de Galicia
P.S. (Orde do 22.8.2016; DOG do 25 de agosto)
Manuel Galdo Pérez
Secretario xeral da Presidencia