1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizo.
b) Descrición do obxecto: servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades no sistema de información de xestión de escolas infantís.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es
d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.
e) Data de publicación do anuncio de licitación:
Diario Oficial de Galicia: 7.3.2015.
Diario Oficial de la Unión Europea: 4.3.2016.
Boletín Oficial del Estado: 14.3.2016.
3. Tramitación e procedemento.
a) Procedemento: aberto.
b) Tramitación: ordinaria.
4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 373.000,00 euros.
5. Orzamento base de licitación.
O orzamento máximo autorizado é de 373.000,00 euros (trescentos setenta e tres mil euros), máis 78.330,00 € (setenta e oito mil trescentos trinta euros que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 451.330,00 euros (catrocentos cincuenta e un mil trescentos trinta euros).
6. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 27.5.2016.
b) Data de formalización do contrato: 28.6.2016.
c) Contratista: Indra Sistemas, S.A.
d) Importe de adxudicación: 428.763,50 euros (IVE incluído).
Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2016
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia