Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 26 de outubro de 2016 Páx. 47790

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN de erros. Orde do 6 de outubro de 2016 pola que se modifica un dos ficheiros creados na Orde do 2 de marzo de 2011 pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal existentes nos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.

Advertido erro na orde antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 200, do 20 de outubro, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 47264, no segundo parágrafo, terceira e cuarta liñas, onde di: «... e, no seu punto, establécense segundo as indicacións...», debe dicir: «... e, no seu punto segundo, establécense as indicacións...».