Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 26 de outubro de 2016 Páx. 47788

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DECRETO 136/2016, do 13 de outubro, polo que se dispón a substitución dun membro do Consello Escolar de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 6 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, no artigo 10 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve a dita lei, no artigo 16.1.c) do Decreto 87/1992, do 26 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de réxime interno do Consello Escolar de Galicia, e atendendo á designación formalizada pola Federación Educación e Xestión de Galicia, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do trece de outubro de dous mil dezaseis,

DISPOÑO:

Artigo 1

Que cese Xosé Francisco Martínez Reboiras como membro do Consello Escolar de Galicia, en representación dos titulares de centros privados, proposto pola Federación Educación e Xestión de Galicia.

Artigo 2

Nomear membro do Consello Escolar de Galicia, nas condicións determinadas na Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, en representación dos titulares de centros privados, proposto pola Federación Educación e Xestión, a José Ignacio Parajó Calvo.

Artigo 3

O mandato do novo membro será polo tempo que resta para completar o mandato da representatividade que desempeña.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trece de outubro de dous mil dezaseis

El presidente
P.S. (Artigo 2 do Decreto 230/2012)
Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria