Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 26 de outubro de 2016 Páx. 47918

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por María Rosario González Seoane.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela tramítase o recurso 442/2016 (procedemento abreviado), interposto por María Rosario González Seoane fronte á desestimación por silencio administrativo do recurso de reposición interposto contra a Resolución do 27 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías sanitarias –categoría técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría– (DOG núm. 88, do 10 de maio de 2016).

A recorrente discrepa da puntuación obtida no apartado de experiencia profesional.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2016

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos