Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 26 de outubro de 2016 Páx. 47919

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coirós

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do Plan parcial do parque empresarial.

Por acordo da Xunta de Goberno Municipal, o día 26 de setembro de 2016, aprobouse inicialmente a modificación puntual do Plan parcial do parque empresarial de Coirós. Modificación das condicións de uso da ordenanza 1ª de edificación industrial e comercial (IC).

De conformidade co artigo 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente estará exposto ao público nas oficinas municipais do Concello de Coirós, das 9.00 ás 14.00 horas, polo prazo de dous meses, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Coirós, 29 de setembro de 2016

Francisco Quintela Requeijo
Alcalde