Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 26 de outubro de 2016 Páx. 47917

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por María Luisa Hermida Regal.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 da Coruña tramítase o recurso 206/2016 (procedemento abreviado), interposto por María Luisa Hermida Regal fronte á Resolución do 29 de abril de 2016, ditada pola directora de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, desestimatoria do recurso de reposición interposto contra a Resolución do 18 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario de xestión e servizos –categoría lavandeira/o– (DOG núm. 38, do 25 de febreiro de 2016).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2016

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos