Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 25 de outubro de 2016 Páx. 47715

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (360/2012).

Carmen Fernández Santiago, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa, certifica que no procedemento de xuízo ordinario 360/2012 se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Vilagarcía de Arousa, 20 de novembro de 2015

Vistos por min, Rosa Lama Marra, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa, os presentes autos de xuízo ordinario número 360/2012, no exercicio dunha reclamación de cantidade, no cal foi parte a demandante Asemas, representada polo procurador Luís Abalo Álvarez e defendida polo letrado Javier Munáiz Puig contra Edificaciones Obelisco, Sociedad Limitada, declarada en rebeldía procesual, dito a presente resolución con base na seguinte resolución:

Que, aceptando integramente a demanda, presentada polo procurador Luís Abalo Álvarez, en nome e representación de Asemas contra Edificaciones Obelisco, Sociedad Limitada, condénase a Edificaciones Obelisco, Sociedad Limitada ao pagamento a Asemas da cantidade de 11.201 euros máis os xuros legais do artigo 576 da Lei de axuizamento civil.

Impóñenselle as custas do presente proceso á demandada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta resolución cabe recurso de apelación que se interporá ante este mesmo xulgado no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da súa notificación, con cita da resolución apelada e manifestación da vontade de recorrer, con expresión dos pronunciamentos que se impugnan. De conformidade coa disposición adicional quinta da Lei orgánica do poder xudicial, modificada pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro, cómpre que, con carácter previo á admisión do recurso, se consigne na conta de consignacións e depósitos do xulgado a cantidade de 50 euros en concepto de depósito para recorrer.

Ademais, deberá autoliquidarse a taxa correspondente se o procedemento así o exixe.

Líbrese testemuño da presente sentenza, que se unirá aos presentes autos e quedará o orixinal no libro de sentenzas deste xulgado.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa, Rosa Lama Marra, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa».

E como consecuencia do paradoiro ignorado de Edificaciones Obelisco, Sociedad Limitada, expídese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Vilagarcía de Arousa, 22 de febreiro de 2016

Carmen Fernández Santiago
Secretaria xudicial