Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 25 de outubro de 2016 Páx. 47717

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (971/2015).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 971/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Zeus Solar Pena contra Segur Euskal Security, S.L. sobre despedimento, se ditou a resolución do 4.3.2016.

E para que sirva de notificación en legal forma a Segur Euskal Security, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia. Contra esta resolución pódese interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de maio de 2016

O letrado da Administración de xustiza