Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 25 de outubro de 2016 Páx. 47713

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo

EDICTO (751/2015).

Neste órgano xudicial tramítase procedemento ordinario 751/2015, seguido por instancia de Banco Pastor, contra José María Conde Gayoso, sobre reclamación de cantidade, en que se ditou a sentenza cuxo encabezamento e resolución son os seguintes:

«Xuíz que a dita: maxistrado Lomo del Olmo

Lugar: Vigo

Data: 12 de setembro de 2016

Demandante: Banco Pastor

Procurador: José Vicente Gil Tránchez

Demandado: José María Conde Gayoso, en paradoiro descoñecido

Resolvo:

Que estimando a demanda promovida polo procurador José Vicente Gil Tránchez, en nome e representación da entidade Banco Pastor, S.A.U., fronte a José María Conde Gayoso, debo condenar e condeno a este a lle aboar a cantidade de 50.000 euros máis os xuros pactados, con imposición das custas causadas.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interporá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne, dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

Este recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC)».

Vigo, 15 de setembro de 2016

O/a letrado/a da Administración de xustiza