Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 25 de outubro de 2016 Páx. 47711

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (237/2016).

Raquel Blanco Pérez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, fai saber que no procedemento de modificación de medidas 237/2016, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son os seguintes:

Vistos os presentes autos nº 237/16 sobre modificación de medidas, promovidos pola procuradora Sra. Saco, en nome e representación de Aarón Bayón Álvarez como demandante, asistido polo letrado Sr. Limia, fronte a Diana Alejandra Correa Flórez, declarada en rebeldía, con intervención do Ministerio Fiscal.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Resolución:

Estimo a demanda interposta pola procuradora Sra. Saco, en nome e representación de Aarón Bayón Álvarez, fronte a Diana Alejandra Correa Flórez, e declaro a modificación das medidas acordadas na sentenza do 2.6.2015, nos seguintes termos:

a) Suspéndese o réxime de visitas que Diana Alejandra Correa Flórez tiña co seu fillo Gabriel.

b) Atribúeselle o exercicio exclusivo da patria potestade ao pai.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Esta sentenza non é firme.

Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpor, no prazo de 20 días, recurso de apelación (artigos 457 e ss. LAC) ante este tribunal, e nese caso deberase constituír o depósito legalmente establecido.

Así o acorda, manda e asina S.Sª. Dou fe.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Diana Alejandra Correa Flórez, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Ourense, 30 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza