Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 21 de outubro de 2016 Páx. 47457

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2016 pola que se anuncia a licitación, polo trámite ordinario e procedemento aberto documentalmente simplificado con varios criterios de adxudicación, para a contratación non suxeita a regulación harmonizada da execución da obra pública hidráulica de mellora da estación de bombeo de Lameira en Marín, cofinanciada nun 80 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (clave OH.336.1060).

missing image file

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Tipo de contrato: obra.

d) Obtención de documentación e información.

1º. Lugares de obtención do prego de cláusulas administrativas particulares (que inclúe o cadro de características do contrato), da documentación técnica e da demais información que proceda:

– Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén, se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal e desde a Plataforma de contratación del sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://augas.cmati.xunta.es/

– Augas de Galicia na rúa Doutor Maceira nº 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña), teléfonos: 981 95 74 01/27, fax: 981 95 74 03/881 99 96 94 e correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

– A copistaría Copynino na rúa Feáns nº 19, Santiago de Compostela (A Coruña), teléfono e fax: 981 58 89 38.

2º. Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

2. Obxecto do contrato.

Descrición e lugar de execución: mellora da estación de bombeo de Lameira en Marín. Marín (Pontevedra).

Número de expediente: OH.336.1060.

Orzamento base de licitación. Importe neto: 1.040.202,30 euros. Importe total: 1.258.644,78 euros.

Prazo de execución (meses): doce (12).

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría 4 ou grupo E, subgrupo 1, categoría e.

CPV: 45232410-9.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: os criterios de valoración enuméranse e detállanse coas súas puntuacións e ponderacións no prego administrativo e no perfil do contratante.

4. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído.

5. Requisitos específicos do contratista.

– Clasificación: calquera das exixidas para o contrato.

– Solvencia: só para as empresas non españolas de Estados membros da Unión Europea ou signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo non clasificadas en España. Acreditarán a solvencia económica e financeira e a técnica cun importe mínimo de 728.141,61 €, mediante a cifra anual de negocios e relación das obras executadas, respectivamente, nos termos expresados no cadro de características do contrato e na cláusula 6.1.4.1 do prego administrativo.

6. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 21 de novembro de 2016.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego administrativo. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego. O procedemento é documentalmente simplificado en relación coa documentación que se vai presentar no sobre A.

c) Lugar de presentación: no rexistro de Augas de Galicia, na rúa Doutor Maceira 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña) nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres e das 9.00 ás 14.00 horas). Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciarlle ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de correos, mediante telegrama ou fax, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses, desde a apertura en acto público, segundo se indica no punto seguinte, das ofertas contidas no sobre C.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

7. Apertura das ofertas.

a) Descrición: a apertura, comprobación e valoración separada do sobre A, relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar, do sobre B, cos elementos da oferta non valorables de forma automática, e do sobre C, cos da oferta que admiten unha valoración mediante a aplicación de fórmulas, realizarase conforme ao disposto no prego administrativo e na normativa de contratos do sector público.

b) Enderezo, localidade e código postal: Augas de Galicia, na rúa Doutor Maceira nº 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Data e hora: a apertura en acto público do sobre B terá lugar o 2 de decembro de 2016, ás 9.00 horas, e do sobre C na data e hora que se lles notificará aos licitadores, por fax ou calquera outro medio admitido, e publicarase no perfil do contratante con dous días hábiles de antelación á súa realización.

8. Gastos de publicidade: serán por conta do licitador seleccionado para ser adxudicatario.

9. Outras informacións.

– Esta actuación cofinanciarase pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 6 «conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos»; prioridade de investimento 6.2. «o investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de ambiente e para abordar as necesidades determinadas polos Estados membros, dun investimento que vaia máis alá dos ditos requisitos»; obxectivo específico 6.2.1 «culminar os requisitos da Directiva marco da auga a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga»; actuación 6.2.1.2 (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO)) «Reforma e optimización dos sistemas de saneamento das rías galegas». Unha maneira de facer Europa.

– CPA (codificación do obxecto do contrato): a indicada no cadro de características do contrato.

– Valor estimado do contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

– Melloras e modificacións previstas: admítense melloras e prevese no contrato a posibilidade da súa eventual modificación á baixa nos termos expresados no prego administrativo.

– Apertura e valoración das ofertas dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizaranse con anterioridade á apertura e valoración do contido do sobre C. No caso de que os actos públicos de apertura das ofertas se modifiquen, notificarase esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil do contratante.

– Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A, B e C, así como da adxudicación e formalización do contrato, faranse públicas no perfil do contratante.

– Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2016

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia