Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 21 de outubro de 2016 Páx. 47462

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2016 pola que se fai pública a formalización da contratación suxeita á regulación harmonizada para a adquisición de vehículos todo terreo tipo pick up con destino aos servizos de emerxencia, cofinanciada nun 80 % polo Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 05, prioridade de investimento 05.02, obxectivo específico 05.02.01, liña de actuación 40 (dotación de equipamento, instalación e infraestruturas de protección civil destinadas á prevención e xestión de riscos derivados de catástrofes naturais e fenómenos relacionados co clima).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Axencia Galega de Emerxencias.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=32980

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante a través da páxina web:

http://www.axega112.org

d) Número de expediente: AXGE.15.SU.085.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración

b) Descrición: 15 vehículos todo terreo con caixa aberta tipo pick up para a prevención e atención ás emerxencias destinados aos servizos municipais e supramunicipais de protección civil e emerxencias.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 34131000-4.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 111, do 13 de xuño; BOE núm. 144, do 15 de xuño e enviado ao DOUE o 6 de xuño de 2016

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: documentalmente simplificada e ordinaria.

b) Procedemento: aberto atendendo a varios criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación: importe neto: 433.884,30 €; importe total: 525.000,00 €.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 18 de agosto de 2016.

b) Data de formalización: 9 de setembro de 2016.

c) Adxudicataria: Fergil Auto, S.L.U.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 421.486,78 €; importe total: 509.999,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2016

Juan José Muñoz Iglesias
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias