Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 21 de outubro de 2016 Páx. 47454

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo suxeito a regulación harmonizada do servizo para a revisión de propostas de clasificación, normas de explotación, plans de emerxencia e outros documentos relacionados coa seguridade de presas, encoros e balsas do ámbito competencial deste organismo.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.

c) Número de expediente: OH.188.364.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e desde a plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://augas.cmati.xunta.es/

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: administrativo de servizo.

b) Descrición: revisión de propostas de clasificación, normas de explotación, plans de emerxencia e outros documentos relacionados coa seguridade de presas, encoros e balsas do ámbito competencial de Augas de Galicia.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 71311000-1.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, DOG e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea núm. S249, do 24 de decembro de 2015; Diario Oficial de Galicia núm. 246, do 28 de decembro de 2015 e Boletín Oficial del Estado núm. 3, do 4 de xaneiro de 2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria da licitación e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de adxudicación e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 659.755,04 euros. Inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais prórrogas contractuais previstas.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 329.877,52 euros. Importe total: 399.151,80 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 18 de agosto de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 7 de setembro de 2016.

c) Contratista: Idom Ingeniería y Consultoría, S.A.U.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 234.800,00 euros. Importe total: 284.108,00 euros.

e) Vantaxes da oferta do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia á dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

7. Outras informacións:

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2016

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia