Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 21 de outubro de 2016 Páx. 47452

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 5 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-FE-0071/2015-PPM e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio, a resolución do expediente PSC-FE-0071/2015-PPM e dous máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poidan exercer calquera outro recurso que consideren pertinente.

A Coruña, 5 de outubro de 2016

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-FE-0071/2015-PPM.

Persoa interesada: Manuel Ángel Blanco Cristóbal.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: avenida Castelao, 37, 6º D, Ferrol.

Expediente: PSC-FE-0096/2015-PPM.

Persoa interesada: Iván Giménez Giménez.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Galiñeiro, 23, A Pedreira, Mugardos.

Expediente: PSC-FE-0158/2016-PPM.

Persoa interesada: Isabel Suárez Vega.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa As Pontes, 2, 1º dta., Ferrol.