Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 20 de outubro de 2016 Páx. 47278

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (30/2016).

Eu, Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento deste xulgado do social, seguido por instancia de Dolores Díaz García contra Limpiezas y Pinturas Dismar Galicia, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, ditouse sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Estimo a demanda presentada por Dolores Díaz García, representada pola letrada Sra. Souto Neira, contra Limpiezas y Pinturas Dismar Galicia, S.L., que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma, e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento verbal con efectos desde o 30 de novembro de 2015.

Condeno a empresa demandada a que, no prazo de cinco días contados desde a notificación da presente resolución, opte, comunicándollo a este xulgado por escrito ou en comparecencia, ben pola readmisión da demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento e o aboamento de salarios de tramitación desde o 30 de novembro de 2015 ata a data de notificación da presente resolución, a razón de 11,40 euros diarios, ben polo aboamento de indemnización por importe de 5.033,10 euros, advertíndolle que, de non optar pola indemnización ou a readmisión, se entende que procede a segunda.

As cantidades anteriores serán asumidas polo Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma, dentro dos límites e cos requisitos legais e regulamentarios que correspondan.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpoñer, ante este xulgado, recurso de suplicación que resolverá a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia».

E para que sirva de notificación en forma a Limpiezas y Pinturas Dismar Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

Lugo, 27 de setembro de 2016

O secretario xudicial