Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 20 de outubro de 2016 Páx. 47304

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Culleredo (expediente IN407A 2016/492-1).

Expediente: IN407A 2016/492-1

Promotor: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: recuamento LMT SMC-705, lugar das Catas, Almeiras.

Concello: Culleredo

Feitos:

1. O 26 de abril de 2016, o promotor solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG do 16 de xuño de 2016 e no BOP do 3 de xuño.

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. O promotor manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. As características técnicas da instalación son as seguintes:

– Retensado da liña de media tensión SMC-705 (actuación nº 1), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,079 km, con orixe no apoio nº 11 existente da LMT SMC-705 (expediente 10.072), no tramo entre o CT Rafael Dieste (expediente 398/05) e o CT As Catas (expediente 350/09), condutor tipo Pigeon/99,22 mm2 Al (condutor existente) e final en apoio nº 12 proxectado que se intercalará na LMT SMC-705 (expediente 10.072), no tramo entre o CT Rafael Dieste (expediente 398/05) e o CT As Catas (expediente 350/09).

– Retensado da liña de media tensión SMC-705 (actuación nº 2), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,116 km, con orixe no apoio nº 15 proxectado que substitúe o existente da LMT SMC-705 (expediente 10.072), no tramo entre o CS Aeroporto, que se deixará sen servizo, e a derivada ao CT particular Archivo 2000, condutor tipo Pigeon/99,22 mm2 Al (condutor existente) e final en apoio nº 16 existente da LMT SMC-705 (expediente 10.072), no tramo entre o CS Aeroporto, que se deixará sen servizo, e a derivada ao CT particular Archivo 2000.

– Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,557 km, con orixe no paso de aéreo a subterráneo que se realizará no apoio nº 12 proxectado que se intercalará na LMT SMC-705 (expediente 10.072), no tramo entre o CT Rafael Dieste (expediente 398/05) e o CT As Catas (expediente 350/09), en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final en paso de subterráneo a aéreo, que se realizará no apoio nº 15 proxectado que substitúe o existente da LMT SMC-705 (expediente 10.072), no tramo entre o CS Aeroporto, que se deixará sen servizo, e a derivada ao CT particular Archivo 2000, despois de realizar entrada e saída no CT As Catas (expediente 350/09).

O orzamento da instalación, segundo o proxecto, é de 93.716,87 €.

7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á instalación de distribución eléctrica indicada.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar perante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal se achegará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do director da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así coma das regulamentacións e normas oportunas, na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, nos termos establecidos nos artigos 107, 100, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

A Coruña, 26 de setembro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña