Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 20 de outubro de 2016 Páx. 47313

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 30 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, polo que se notifica a resolución do procedemento de reintegro da subvención concedida ao expediente TR352A 2013/133-0 regulado na Orde do 20 de maio de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 99, do 27 de maio).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á entidade relacionada no anexo a resolución do expediente de reintegro da subvención concedida.

Os interesados poderán comparecer nas dependencias desta dirección xeral, sita no Edificio Administrativo San Lázaro s/n, en Santiago de Compostela, 1º andar, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro da resolución e a constancia de tal coñecemento.

A resolución que se notifica esgota a vía administrativa. Os interesados poderán interpor contra ela recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, poderá interporse recurso de reposición ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes. A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que os mencionados prazos se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

ANEXO

Entidade: Fundación Amencer Aspanas.

Enderezo: avenida de Buenos Aires 46, baixo, 32002 Ourense.

Nº de expediente: TR352A 2013/133-0.

Acto que se notifica: resolución do procedemento de reintegro.

Data do acto: 10 de agosto de 2016.

Preceptos incumpridos: artigo 14.2.c) e 15 da Orde do 20 de maio de 2013 e artigo 33.1.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade que hai que reintegrar: 70.865,91 €.