Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 20 de outubro de 2016 Páx. 47315

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 10 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, de consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia no expediente de expropiación 378/2008, no concello de Touro.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou o medio a que se refire o punto 1 deste artigo, ou ben intentada a notificación, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA, CTA e RBTA Mourelos-Poboado (proxecto e anexos I e II), no concello de Touro (expediente 378/2008), correspondente ao predio e á titularidade que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 10 de outubro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: 378/2008.

Entidade beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: LMTA, CTA e RBTA Mourelos-Poboado (proxecto e anexos I e II).

Concello: Touro.

Predio

Depósito

Titularidade

Incidencia

8

1664/2016

Herdeiros de Joaquín García Otero

Notificación infrutuosa