Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 19 de outubro de 2016 Páx. 47248

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de exposición pública de aprobacións iniciais de diversas modificacións puntuais do Plan xeral de ordenación municipal.

Polo Concello Pleno, en sesión con data do 29 de setembro de 2016, acordouse aprobar inicialmente os seguintes documentos:

– Modificación puntual nº 2 do PXOM no ámbito do Pol. Coruxo-I excluíndo as parcelas que teñen culminado o proceso de cesión e urbanización. Doc. nº 11049, do 22.7.2016.

– Modificación puntual nº 5 do PXOM sobre modificación da cualificación das parcelas catastrais 3859602NH5936S e 3859603NH5936S e completamento da aliñación do camiño municipal nº 90463, San Pedro de Nós. Doc. nº 11050, do 22.7.2016.

– Modificación puntual nº 6 do PXOM sobre modificación da aliñación na rúa Dr. Fleming nº 7, en Mera-Serantes. Doc. nº 9620, do 29.6.2016.

– Modificación puntual nº 7 do PXOM sobre modificación da aliñación na avenida de Espoz y Mina nº 17 e nº 19, en Iñas. Doc. nº 9619, do 29.6.2016.

De conformidade cos artigos 60.6, 7 e 8 da Lei 2/2016, os expedientes estarán expostos ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo de dous meses, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 5 de outubro de 2016

Ángel García Seoane
Alcalde presidente