1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.
2º. Domicilio: avda. das Camelias nº 109.
3º. Localidade e código postal: 36211 Vigo.
4º. Teléfono: 986 21 92 33.
5º. Telefax: 986 21 91 50.
6º. Correo electrónico: chuvi.contratacion.administrativa@sergas.es
7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es
8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todo os días laborables excepto os sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: subministración.
b) Descrición: subministración de equipamento de mapas, cadeiras de odontoloxía e ecógrafos.
c) División por lotes: si.
d) Lugar de entrega: Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.
e) Prazo de execución: 1 mes.
f) Admisión de prórroga: non.
g) CPV: 33124000.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Poxa electrónica: non.
d) Criterios de adxudicación: os especificados na cláusula 6.5 do prego de cláusulas administrativas.
4. Valor estimado do contrato: 161.500 €.
5. Orzamento base de licitación:
a) Importe neto: 161.500 €, IVE: 33.915 €. Importe total: 195.415 €.
6. Garantías exixidas:
Provisional: non.
Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver pregos de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:
a) Data límite da presentación: as ofertas pódense presentar en man antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.
Se o último día de presentación da solicitude coincidise en sábado ou día inhábil na localidade da entidade adxudicadora, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.
b) Modalidade de presentación: ver o prego de cláusulas administrativas.
c) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Hospital Nicolás Peña.
2º. Domicilio: avda. das Camelias nº 109.
3º. Localidade e código postal: Vigo 36211.
4º. Enderezo electrónico: chuvi.contratación.administrativa@sergas.es
d) Admisión de variantes: non.
e) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.
9. Apertura das ofertas:
a) Descrición: apertura dos sobres B e C.
b) Enderezo: sala de xuntas do Hospital Nicolás Peña, avda. das Camelias nº 109.
c) Localidade e código postal: Vigo 36211.
d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante www.sergas.es
10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario. Ver cláusula 3.4. do prego de cláusulas administrativas.
Vigo, 29 de setembro de 2016
Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo