Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 19 de outubro de 2016 Páx. 47249

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle no ámbito da modificación puntual do Plan especial de reforma interior (PERI-5) e do Plan parcial do SUNP-6 San Lázaro.

O Pleno da corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 21 de xullo de 2016, adoptou entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o estudo de detalle no ámbito da modificación puntual do Plan especial de reforma interior (PERI-5) e do Plan parcial do SUNP-6 San Lázaro, sen modificacións respecto do aprobado inicialmente o 20 de febreiro de 2012.

O presente acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez que se inscriba o estudo de detalle no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, procederase á publicación da súa normativa (número 3 do documento) no Boletín Oficial da provincia.

Contra o acordo da aprobación definitiva do citado estudo de detalle poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto 3997/2015, do 16 de xuño)
Jorge Duarte Vázquez
Concelleiro delegado de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade