Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 19 de outubro de 2016 Páx. 47240

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 30 de setembro de 2016 de emprazamento para trámite de audiencia no expediente COR/19/2016-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultaren as persoas destinatarias ausentes na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento para trámite de audiencia, ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística COR/19/2016-RP1, aos herdeiros de Luis Muíño Gestal, en relación coas obras consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar, edificación auxiliar e soleira de formigón, que se levan a cabo no monte da Raposa, lugar de Peiro de Abaixo, parroquia de Veiga, no termo municipal de Culleredo, provincia da Coruña.

O expediente relacionado atópase á disposición das persoas interesadas na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

As persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, para presentaren alegacións e os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

Para que conste e sirva de notificación ás citadas persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da devandita Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística