Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 19 de outubro de 2016 Páx. 47241

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2016 pola que se fai pública a formalización da contratación para a adquisición de cuñas quitaneve para camión con destino aos servizos de emerxencia, cofinanciada nun 80 % polo Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 05, prioridade de investimento 05.02, obxectivo específico 05.02.01, liña de actuación 40 (dotación de equipamento, instalación e infraestruturas de protección civil destinadas á prevención e xestión de riscos derivados de catástrofes naturais e fenómenos relacionados co clima).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Axencia Galega de Emerxencias.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=48208.

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante a través da páxina web:

http://www.axega112.org

d) Número de expediente: AXGE.15.SU.090

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: a subministración de 3 equipamentos de cuñas quitaneve para camión destinadas aos servizos de emerxencias municipais e supramunicipais.

c) División por lotes e número: non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 43313000-0.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: documentalmente simplificada e ordinaria.

b) Procedemento: aberto atendendo a varios criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación: importe neto: 62.727,28 €; importe total: 75.900,00 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 20 de setembro de 2016.

b) Data de formalización: 28 de setembro de 2016.

c) Adxudicataria: Aebi Schmidt Ibérica, S.A.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 56.822,00 €; importe total: 68.754,62 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2016

Juan José Muñoz Iglesias
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias