Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 19 de outubro de 2016 Páx. 47213

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2016/144-1).

Expediente: IN407A 2016/144-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: modificado 1 do proxecto para cambio de sección LMTS EPU-712A Médico Rodríguez-Teresa Herrera.

Concello: A Coruña.

Características técnicas:

– Liña de media tensión soterrada EPU-712A CT Médico Rodríguez-CT Cooperativa (actuación nº 1) a 15 kV, cunha lonxitude de 172 m, coa orixe na cela de liña existente no CT Médico Rodríguez, nº 6 (expediente 146/97), en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-1×240 Al e final na cela de liña existente no CT Cooperativa (expediente 50.821).

– Liña de media tensión soterrada EPU-713 alimentación CT Teresa Herrera (actuación nº 2) a 15 kV, cunha lonxitude de 86 m, coa orixe en empalmes proxectados na LMTS EPU-712, no tramo entre a subestación Porto (expediente 157/00) e o CS Juan Canalejo, 15 (15CKMF), en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-1×240 Al e final nas celas de liña existente no CT Teresa Herrera (expediente 32.106).

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 23 de setembro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña