Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 19 de outubro de 2016 Páx. 47212

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo 4011/2015 contra a Resolución do 10 de outubro de 2014 de aprobación do Plan sectorial da rede viaria de Ourense.

Nesta secretaría xeral técnica recibiuse escrito do presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 4011/2015, interposto por Gas Natural Fenosa Generación, S.L.U. e General de Edificios y Solares, S.L. contra a Resolución do 10 de outubro de 2014, de aprobación do Plan sectorial da rede viaria de Ourense.

Para os efectos de cumprir o solicitado no devandito escrito, faise constar que o expediente xa foi remitido por esta secretaría á Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con data do 3 de marzo de 2015.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que poidan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2016

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda