De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos.
Os actos foron adoptados pola xefa territorial. A súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).
A comparecencia efectuarase, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa do Paseo, nº 18, 5º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
Ourense, 28 de setembro de 2016
Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Expediente: OU-27/2016 RE.
Denunciado: Antonio Albano Lopes Pimentel.
Acto notificado: acordo de incoación.
Expediente: OU-33/2016 RE.
Denunciado: Vasile Scripcariu.
Acto notificado: acordo de incoación.
Expediente: OU-34/2016 RE.
Denunciados: Stefan Plesca/Rodica Liliana Plesca/Ionel Marius Soucaliuc.
Acto notificado: acordo de incoación.