Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 19 de outubro de 2016 Páx. 47199

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (52/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 52/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Outeiral Tato contra a empresa Ignacio Raña Sánchez, José Ramón Raña Sánchez, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar a executada, Ignacio Raña Sánchez e José Ramón Raña Sánchez, en situación de insolvencia parcial por importe de 71.351,25 euros en concepto de principal, máis outros 7.135,21 euros de xuros e custas orzados para a execución, sen prexuízo de ulterior liquidación.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens da executada.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

O/a letrado/a da Administración de xustiza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ignacio Raña Sánchez, José Ramón Raña Sánchez, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza