Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 19 de outubro de 2016 Páx. 47201

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (244/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 244/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fidel Ferreiro López contra Calvi Proyectos, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

Autos 244/2016

Na cidade de Santiago de Compostela o 15 de setembro do ano 2016.

Javier Fraga Mandián, xuíz substituto deste órgano xurisdicional, tras ter visto os presentes autos rexistrados co número arriba indicado, promovidos por Fidel Ferreiro López, asistido polo graduado social José Nogueira Delgado, fronte á empresa Calvi Proyectos, S.L. e o Fogasa, incomparecidos, ambos, ao acto de xuízo, non obstante a súa citación en forma, pronunciou, en nome da súa maxestade o rei, a seguinte resolución:

Sentenza.

Resolución:

1º. Que, estimando as demandas interpostas por Fidel Ferreiro López contra a entidade Calvi Proyectos, S.L. debo declarar e declaro improcedente o seu despedimento e concorrente causa de extinción do contrato de traballo pola súa instancia, e condeno a aludida demandada a que aboe ao traballador, en concepto de indemnización, a cifra de 1.016,06 euros e a de 9.009,27 euros en concepto de cantidades debidas.

2º. Que debo condenar e condeno o Fogasa, na súa condición de responsable legal subsidiario, a avirse á condena imposta ás entidades codemandadas no parágrafo que antecede.

3º. Non se fai expreso pronunciamento en custas.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación, que deberá anunciarse ante este xulgado no termo de cinco días desde a notificación da presente sentenza, e que será resolto, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. As empresas condenadas deberán acreditar, ao anunciar o recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, que pode substituírse por aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, sen cuxo requisito non poderá terse por anunciado recurso e quedará firme a sentenza.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Calvi Proyectos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza