Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 18 de outubro de 2016 Páx. 47132

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO para a contratación da subministración dunha plataforma de almacenamento.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Administración electrónica. c) Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06. Correo electrónico: contratacion@vigo.org. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.vigo.org. Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións. d) Número de expediente: 7909-113.

2. Obxecto do contrato: a) Descrición: adquisición dos elementos necesarios para formar unha nova plataforma de almacenamento, SAN, de alta dispoñibilidade que permita substituír a actualmente existente. b) CPV: 30200000-0. c) División por lotes: non. d) Lugar de entrega: o equipamento principal, no Centro de Proceso de Datos do Concello de Vigo, e o equipamento de apoio nun Datacenter situado nas Lagoas-Marcosende, Campus Universitario de Vigo, parcela 32, Vigo. e) Prazo de execución: 30 días.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Criterios de adxudicación: os consignados no número 9 das FEC do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base: a) Orzamento total: 130.000 euros.

5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación excluído o IVE. c) Complementaria: non.

6. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: declaración do volume anual de negocio. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: unha relación das principais subministracións similares ao obxecto do contrato realizados nos últimos cinco anos que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, destes por importe igual ou superior ao prezo do contrato. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita subministracións por importe igual ou superior á unha anualidade media do prezo do contrato. As subministracións efectuadas acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

7. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da derradeira publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das FEC.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: non.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: vexase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

9. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 4 de outubro de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto do 19.6.2015 e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación