Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 18 de outubro de 2016 Páx. 47131

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO da aprobación definitiva de estudo de detalle para edificio comercial.

O Pleno do Concello, na sesión ordinaria do 29 de setembro de 2016, acordou aprobar definitivamente o estudo de detalle para edificio comercial destinado a supermercado de alimentación e aparcadoiro, na antiga estrada de Santiago á Estrada, km 3, lugar de Estivada (Cacheiras), promovido por Mercadona, S.A. e redactado polo arquitecto Ramón Amadeo Facal Grobas (rex. entrada nº 2087, do 18.3.2016), e queda extinguida, de conformidade co artigo 47.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), a suspensión do outorgamento de licenzas no ámbito obxecto do estudo de detalle.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 82 da LSG, facendo constar que o contido íntegro do plan se atopa á disposición do público en www.teo.gal.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto nos artigos 107 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación cos artigos 8, 9 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, sen prexuízo da interposición de calquera outro recurso que se considere pertinente.

Teo, 30 de setembro de 2016

Rafael C. Sisto Edreira
Alcalde