Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 18 de outubro de 2016 Páx. 47134

VI. Anuncios

b) Administración local

Instituto Municipal Coruña Espectáculos

ANUNCIO de licitación pública da contratación de carrozas para a cabalgata de Reis Magos 2017.

1. Entidade organizadora: Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE).

2. Obxecto do contrato: alugamento de sete carrozas para a cabalgata de Reis Magos 2017.

3. Prezo do contrato: Tipo máximo de licitación: 42.350,00 €, IVE incluído.

4. Duración do contrato: desde a súa sinatura ata a finalización da cabalgata.

5. Tramitación: ordinaria.

6. Procedemento: aberto.

7. Garantía provisional: non se exixe.

8. Garantía definitiva: 10 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

9. Obtención de documentación e información: oficinas do IMCE, sitas na avda. A Mariña, 18 (Edificio Casa Paredes), 15001 A Coruña. Perfil do contratante: www.coruna.es. Enderezo de correo electrónico: a.canosa@coruna.es

10. Solvencia: adecuada ao obxecto do contrato (véxase o prego de cláusulas administrativas particulares).

11. Criterios de adxudicación: oferta económica, características estéticas e técnicas e melloras (véxase o prego de cláusulas administrativas particulares).

12. Presentación de proposicións: prazo de quince días naturais desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia ou o Boletín Oficial da provincia da Coruña, segundo cal sexa o último en que se publique, ata as 14.00 horas. No suposto de resultar sábado ou festivo o día de finalización do prazo, prorrogarase automaticamente ao día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar: declaración responsable (véxase o prego de cláusulas administrativas particulares).

Lugar de presentación: Rexistro do IMCE, avda. A Mariña, 18 (Edificio Casa Paredes), 15001 A Coruña.

13. Apertura de ofertas económicas: lugar e día que se sinale no perfil de contratante www.coruna.es.

14. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

A Coruña, 1 de outubro de 2016

O presidente do Instituto Municipal Coruña Espectáculos
P.D. (Decreto do 22.6.2015)
José Manuel Sande García
Vicepresidente do Instituto Municipal Coruña Espectáculos