Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 18 de outubro de 2016 Páx. 47136

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

ANUNCIO polo que se convoca licitación pública para a venda do aceiro procedente dos residuos urbanos procesados na planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible do Complexo Ambiental de Cerceda (expediente NC 0018/2016).

1. Entidade adxudicadora: Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

Obtención de documentación e información:

− Oficinas da sociedade en Morzós, 10 (As Encrobas), 15187 Cerceda, A Coruña.

− Enderezo da internet do perfil de contratante: http://www.sogama.es

2. Obxecto do contrato: venda.

División por lotes: non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os especificados nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

4. Prezo mínimo da oferta: 140 euros/t sen IVE.

5. Garantías exixidas:

Definitiva: 25.000 euros.

6. Presentación de ofertas:

− Data límite de presentación: o 2 de novembro de 2016, ás 13.00 horas.

− Lugar de presentación: Morzós, 10 (As Encrobas), 15187 Cerceda, A Coruña.

7. Apertura de ofertas:

− Data e hora de apertura do sobre B: 10 de novembro de 2016, ás 11.00 horas.

− Lugar de apertura: Morzós,10 (As Encrobas), 15187 Cerceda, A Coruña.

8. Gastos de publicidade: o custo dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

Cerceda, 11 de outubro de 2016

Javier Domínguez Lino
Presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.