Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 18 de outubro de 2016 Páx. 47094

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e da necesidade de urxente ocupación que leva implícita, e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2016/83-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e da necesidade de urxente ocupación que leva implícita, e de autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMT BAL701 CT Beirán.

Situación: Vigo.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor RHZ de 419 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente nº 1 (HV-630-R13) da BAL701 e final no paso aéreo subterráneo proxectado no apoio existente nº 8 (C-2000-14), unha vez que entre e saia do CT proxectado. Centro de transformación de 400 kVA, RT 15 kV/400-230 V, situado no Camiño dos Carrazóns, Beirán, parroquia de Matamá, Vigo.

Realizouse o trámite de información pública inserindo anuncios no DOG do 6 de xuño de 2016, no BOP do 27 de xuño de 2016, no xornal Faro de Vigo do 16 de xuño de 2016 e no taboleiro de anuncios do Concello de Vigo. Tamén se notificou individualmente ao titular do predio afectado pola instalación segundo a relación facilitada pola empresa peticionaria. Durante o mencionado trámite recibiuse a seguinte alegación.

Con data do 21 de xuño de 2016, Emilio Alonso Estévez, titular da parcela con referencia catastral 54057A132002310000BX, presenta escrito de alegacións nesta xefatura territorial en relación co expediente IN407A 2016/83 LMT BAL701 CT Beirán (Vigo).

Con data do 13 de xullo de 2016 tivo entrada nesta xefatura territorial a contestación dada por Unión Fenosa Distribución, S.A. á alegación de Emilio Alonso Estévez.

Unha vez examinados ambos os escritos, conclúese que se deu cumprimento ao establecido no artigo 144 (Información pública) do Real decreto 1955/2000.

No escrito de alegacións presentado por Emilio Alonso Estévez non se propón trazado alternativo ao do proxecto de execución, polo que non se pode valorar o indicado no artigo 161 do Real decreto 1955/2000.

No relativo ao PXOM de Vigo, cabe indicar que esta xefatura territorial non é competente en materia de urbanismo.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economia e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial

RESOLVE:

Conceder autorización administrativa, autorización administrativa de construción e declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, dos bens afectados pola devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 14 meses a partir da recepción da presente resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente.

Pontevedra, 19 de setembro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra