Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 18 de outubro de 2016 Páx. 47092

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello da Illa de Arousa (expediente IN407A 2016/534-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Compañía de Electrificación, S.L.

Domicilio social: praza Doutor Carus 7, 1º C (edificio León XIII), 36600 Vilagarcía de Arousa.

Denominación: LMTS e CT As Aceñas.

Situación: A Illa de Arousa.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 en tres tramos:

1. 913 metros; orixe: CT Camaxe; final: CT proxectado.

2. 190 metros; orixe: CT proxectado; final: apoio existente da LMTA ao CT Gradín.

3. 227 metros; orixe: CT proxectado; final: apoio existente da LMTA ao CT Xestelas.

Centro de transformación de 250 kVA, RT 20 kV/420-242 V, situado nas Aceñas, A Illa de Arousa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 12 de setembro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra