Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 18 de outubro de 2016 Páx. 47022

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2016.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xuño) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1.

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2016, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Artigo 2.

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2016, que se incorpora como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2016

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO I

Convenios de colaboración subscritos pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2016.

Convenio

Importe €

Data sinatura

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e UNRWA (Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina) España, para o proxecto «Contribuíndo á supervivencia da poboación refuxiada palestina a través de artigos alimentarios».

20.000 €

13.5.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Provincial de Agrupacións e Asociacións de Voluntarios de Protección Civil da Coruña en materia de protección civil.

5.500 €

16.5.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Provincial de Agrupacións e Asociacións de Voluntarios de Protección Civil de Pontevedra en materia de protección civil.

5.500 €

16.5.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Provincial de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Ourense e provincia en materia de protección civil.

5.500 €

16.5.2016

Acordo de colaboración entre a Secretaría Xeral da Igualdade da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e a Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

0 €

24.5.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Galega de Apicultura en materia de protección civil.

21.000 €

25.5.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

22.000 €

25.5.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Betanzos para a realización de melloras no aparcadoiro exterior do edificio xudicial de Betanzos.

8.000 €

3.6.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para a execución do proxecto «O municipalismo galego aberto a cooperar».

40.000 €

8.6.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Centro Tecnolóxico do Mar (Fundación Cetmar) para o proxecto «Aumento de fontes de ingresos sustentables para as comunidades rurais e áreas costeiras a través da consolidación da actividade acuícola e do reforzo da investigación pesqueira en Cabo Delgado (Mozambique)».

100.000 €

9.6.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Federación Provincial de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Lugo en materia de protección civil.

5.500 €

10.6.2016

Convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, o Ministerio Fiscal, o Colexio de Avogados de Pontevedra e mais a Universidade de Vigo para o desenvolvemento dun programa experimental de mediación familiar intraxudicial para o ano 2016 en Pontevedra.

40.000 €

13.6.2016

Convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, o Ministerio Fiscal, o Colexio de Avogados de Pontevedra e mais a Universidade de Vigo para o desenvolvemento dun programa experimental de mediación familiar intraxudicial para o ano 2016 en Vigo.

40.000 €

13.6.2016

Convenio entre a Xunta de Galicia, a Fiscalía Xeral do Estado, a Deputación Provincial da Coruña e o Centro de Estudos Xurídicos relativo ao programa de formación continuada de fiscais «Escola de verán do Ministerio Fiscal».

25.000 €

14.6.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e UNICEF Comité Español para Actuacións de Acción Humanitaria e de Emerxencia.

91.866 €

20.6.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello da Estrada en materia de protección civil.

4.000 €

23.6.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Padrón en materia de protección civil.

4.000 €

23.6.2016

Convenio de colaboración para a incorporación do Consello Galego de Relacións Laborais ao contrato centralizado para o servizo de mantemento dos edificios administrativos da Xunta de Galicia.

0 €

1.7.2016

Convenio de colaboración para a incorporación do Consello Consultivo de Galicia ao contrato centralizado para o servizo de mantemento dos edificios administrativos da Xunta de Galicia.

0 €

1.7.2016

Convenio de colaboración para a incorporación do Consello Económico e Social ao contrato centralizado para o servizo de mantemento dos edificios administrativos da Xunta de Galicia.

0 €

1.7.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA) para a cesión de uso de 25 vehículos eléctricos e de estacións multifuncionais de electromobilidade.

0 €

4.7.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización das V Xornadas Hispano-Lusas de Historia do Dereito.

3.000 €

4.7.2016

Convenio entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Xunta de Galicia e mais a Deputación Provincial da Coruña relativo á escola de verán do Poder Xudicial, programa de formación continua dos/das integrantes da carreira xudicial para o ano 2016.

25.000 €

5.7.2016

Convenio de cooperación entre a Xunta de Galicia e o Concello de Oímbra para a execución do proxecto denominado «Mellora da eficiencia enerxética na casa do concello».

40.000 €

15.7.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Rubiá para a execución do proxecto denominado «Eficiencia enerxética na luz pública».

30.000 €

15.7.2016

Convenio de cooperación entre a Xunta de Galicia e o Concello de Nogueira de Ramuín para a execución do proxecto denominado «Actuacións sustentables no contorno do Coitelo-Mesón».

15.042,18 €

15.7.2016

Convenio de cooperación entre a Xunta de Galicia e o Concello de Paradela para a execución do proxecto denominado «Abastecemento de auga a Santa Cristina de Paradela».

35.000 €

15.7.2016

Convenio de Cooperación entre a Xunta de Galicia e o Concello de Vilanova de Arousa para a execución do proxecto denominado «Adquisición de minipá con destino á prevención de riscos forestais e mantemento ambiental».

15.000 €

15.7.2016

Convenio de cooperación entre a Xunta de Galicia e o Concello de Mos para a execución do proxecto denominado «Reparación da cuberta do edificio multiúsos».

14.000 €

20.7.2016

Convenio de colaboración entre o observatorio de dereito público IDP Barcelona e a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para a elaboración do informe das comunidades autónomas e a participación no foro das autonomías.

4.235 €

20.7.2016

Convenio de cooperación entre a Xunta de Galicia e o Concello de Mos para o mantemento dunha brigada de protección e defensa do ambiente e espazos naturais.

25.000 €

21.7.2016

Convenio de cooperación entre a Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello do Grove para o mantemento dun grupo local de atención a emerxencias.

33.343,32

21.7.2016

Convenio de cooperación entre a Xunta de Galicia e o Concello de Pantón para a execución do proxecto denominado «Actuacións de urbanización nos Peares».

5.598,33 €

26.7.2016

Convenio de cooperación entre a Xunta de Galicia e o Concello de Oia para a execución do proxecto denominado «Rede de saneamento municipal en núcleos de Mougás e Viladesuso».

33.000 €

27.7.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Vilanova de Arousa para a execución do proxecto denominado «Mellora da eficiencia enerxética en edificio para uso administrativo municipal».

35.000 €

28.7.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello da Veiga para a execución do proxecto denominado «Parque Infantil no contorno da Zec Pena Trevinca».

16.000 €

28.7.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello do Carballiño en materia de protección civil, contra incendios e salvamento colaborando nos gastos de persoal e mantemento do servizo municipal emerxencias e protección civil.

8.000 €

29.7.2016

Convenio de cooperación entre a Xunta de Galicia e o Concello de Nigrán para a execución do proxecto denominado «Adquisición dun vehículo para labores ambientais».

25.000 €

2.8.2016

Convenio de cooperación entre a Xunta de Galicia e o Concello de Ourense para a execución do proxecto denominado «Renovación das carpinterías existentes do baixo e terceiro andar da casa do Concello de Ourense».

50.000 €

4.8.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello do Páramo para a execución do proxecto denominado «Reforzo do firme do camiño municipal de Outeiro de Friolfe A Lagoa, p.q. 0,562/0,930».

20.000 €

5.8.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza co Concello de Riotorto e o Concello de Meira para a adquisición dun camión de recolla de residuos sólidos urbanos.

80.000 €

8.8.2016

Acordo de coordinación entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a realización das actuacións de remate das torres da igrexa do Carme no concello de Moaña.

30.000 €

8.8.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Mondoñedo para a execución do proxecto denominado «Adquisición dunha leira no casco histórico para o seu acondicionamento co fin de evitar a súa deterioración e degradación ambiental».

70.000 €

9.8.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Muíños para o mantemento da brigada de protección e mantemento de espazos naturais.

38.000 €

12.8.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Valga para a execución dun proxecto de mellora ambiental e do contorno rural.

35.000 €

12.8.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Melide para a execución do proxecto denominado «Reparación da cuberta da casa do Concello de Melide».

45.000 €

12.8.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Vila de Cruces para a execución do proxecto denominado «Saneamento, rede de sumidoiros e abastecemento de augas na rúa Neira Vilas».

40.000 €

12.8.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello da Estrada para a execución do proxecto denominado «Adquisición de maquinaria para os rozas municipais».

40.000 €

12.8.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Consorcio Local dos Peares para a execución do proxecto denominado «Acondicionamento de camiños no contorno dos ríos Miño e Búbal».

6.000 €

12.8.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Noia para a execución do proxecto denominado «Arranxo da nave de protección civil».

50.000 €

12.8.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Marín para a execución do proxecto denominado «Maquinaria para os servizos de obras e limpeza viaria do concello de Marín».

40.000 €

12.8.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a agrupación de persoal voluntario de protección civil do Concello de Arzúa en materia de prevención de riscos no camiño francés e axuda aos/ás peregrinos/as.

7.602,31 €

19.8.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a agrupación de persoal voluntario de protección civil do Concello de Melide en materia de prevención de riscos no camiño francés e axuda aos/ás peregrinos/as.

4.282,42 €

19.8.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a agrupación de persoal voluntario de protección civil do Concello de Monterroso en materia de prevención de riscos no camiño francés e axuda aos/ás peregrinos/as.

4.178,67 €

19.8.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a agrupación de persoal voluntario de protección civil do Concello de Palas de Rei en materia de prevención de riscos no camiño francés e axuda aos/ás peregrinos/as.

4.904,90 €

19.8.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a agrupación de persoal voluntario de protección civil do Concello de Portomarín en materia de prevención de riscos no camiño francés e axuda aos/ás peregrinos/as.

6.772,33 €

19.8.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a agrupación de persoal voluntario de protección civil do Concello de Santiago de Compostela en materia de prevención de riscos no camiño francés e axuda aos/ás peregrinos/as.

5.942,36 €

19.8.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a agrupación de persoal voluntario de protección civil do Concello de Sarria en materia de prevención de riscos no camiño francés e axuda aos/ás peregrinos/as.

16.317 €

19.8.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación pola liberdade afectiva e sexual da Coruña (ALAS A Coruña) para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI (lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais).

3.000 €

29.8.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Nós Mesmas para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI (lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais).

3.000 €

29.8.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Ultreia LGTBI para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI (lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais).

3.000 €

29.8.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación de Familias de Menores Trans (ARELAS) para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI (lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais).

3.000 €

29.8.2016

ANEXO II

Convenios de colaboración subscritos pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2016

Convenio

Importe €

Data sinatura

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello da Capela no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

8.500 €

8.3.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello da Lama no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

8.500 €

8.3.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello da Peroxa no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

8.500 €

8.3.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Ares no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

8.500 €

8.3.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Baños de Molgas no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

8.500 €

8.3.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Baralla no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

8.500 €

8.3.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Barro no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

8.500 €

8.3.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Boqueixón no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

8.500 €

8.3.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Bóveda no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

8.500 €

8.3.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Campo Lameiro no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

8.500 €

8.3.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Carballedo no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

8.500 €

8.3.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Cerdedo no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

8.500 €

8.3.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Cesures no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

8.500 €

8.3.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Cotobade no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

8.500 €

8.3.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Curtis no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

8.500 €

8.3.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Frades no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

8.500 €

8.3.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Lousame no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

8.500 €

8.3.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Maceda no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

8.500 €

8.3.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Melón no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

8.500 €

8.3.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Pontecesures no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

8.500 €

8.3.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello do Incio no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

8.500 €

8.3.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Outeiro de Rei no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

8.500 €

8.3.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Paradela no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

8.500 €

8.3.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello da Pastoriza no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

8.500 €

8.3.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Petín no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

8.500 €

8.3.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Portas no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

8.500 €

8.3.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Riós no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

8.500 €

8.3.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Sandiás no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

8.500 €

8.3.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Sobrado no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

8.500 €

8.3.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Vilar de Barrio no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

8.500 €

8.3.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Vilaboa no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de paz.

8.500 €

8.3.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Culleredo para o mantemento do centro de acollida para a atención a mulleres vítimas de violencia de xénero dependente do Concello.

46.000 €

10.3.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Ourense para o mantemento do centro de acollida para a atención a mulleres vítimas de violencia de xénero dependente do Concello.

46.500 €

10.3.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Lugo para o mantemento do centro de acollida para a atención a mulleres vítimas de violencia de xénero dependente do Concello.

46.500 €

10.3.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello da Coruña para o mantemento do centro de acollida para a atención a mulleres vítimas de violencia de xénero dependente do Concello.

46.500 €

10.3.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Ferrol para o mantemento do centro de acollida para a atención a mulleres vítimas de violencia de xénero dependente do Concello.

46.500 €

10.3.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación de Cans de Salvamento de Galicia en materia de protección civil.

8.000 €

12.4.2016