Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 18 de outubro de 2016 Páx. 47032

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se fan públicas as bolsas concedidas ao abeiro da Orde do 6 de maio de 2016 pola que se aproban as bases reguladoras para a convocatoria de seis bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento.

Conforme o establecido na base sexta punto 1 da Orde do 6 de maio de 2016, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza pola que se aproban as bases reguladoras para a convocatoria de seis bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento, publicarase no Diario Oficial de Galicia a resolución de concesión.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Conceder as bolsas convocadas ao abeiro da Orde do 6 de maio de 2016, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se aproban as bases reguladoras para a convocatoria de seis bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento ás persoas candidatas realcionadas no anexo I.

2. Establecer a listaxe de reserva, por orde de prelación, que se indica no anexo II desta resolución, para o caso de renuncia a algunha das bolsas concedidas.

3. Denegar o resto das solictudes presentadas.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso postestativo de reposición ante o órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses que se contarán desde a mesma data. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2016

O vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
P.D. (Orde do 6.5.2016)
Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO I
Persoas adxudicatarias

Apelidos

Nome

Puntuación

Destino

Contía bolsa

1

Castro Pousa

Tamara

21,00

OTC Nicaragua

17.400

2

Castro Pintos

Ángela

19,75

OTC Perú

17.400

3

Visaires González

Ana

18,25

OTC Rep. Dominicana

17.400

4

Vicente Díaz

Luis

17,75

OTC Mozambique

17.400

5

Comesaña Pérez

Soraya

17,75

DXRREE

12.000

6

García Villar

Aura Rosa

17,75

DXRREE

12.000

ANEXO II
Listaxe de reserva

 

Apelidos

Nome

Puntuación

1

Luaces Fernández

Sara

17,50

2

Cabana Porto

Cándido

17,25

3

Cubría Felpete

Claudia

17,00

4

Fraga María

Ángela

16,00

5

Álvarez Fernández

Raquel

15,50

6

Barreiro Rodríguez

María

14,75

7

Mielgo González

Virginia

13,75

8

Barbero Penas

Clara

13,50

9

García Soage

Andrea

12,75