Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 18 de outubro de 2016 Páx. 47019

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 17 de outubro de 2016 pola que se designa a Comisión Xestora do municipio de Cerdedo-Cotobade.

Os municipios de Cerdedo e Cotobade culminaron un procedemento de fusión para se constituíren nun único municipio, que deu lugar á aprobación do Decreto 134/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba a fusión voluntaria dos municipios de Cerdedo e Cotobade e se constitúe o municipio de Cerdedo-Cotobade.

O artigo 13.4 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, sinala que a fusión de dous ou máis concellos para formar un só implicará que o órgano de goberno do novo municipio resultante estará constituído transitoriamente pola suma dos concelleiros dos municipios fusionados nos termos previstos na Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do réxime electoral xeral.

O citado Decreto 134/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba a fusión voluntaria dos municipios de Cerdedo e Cotobade e se constitúe o municipio de Cerdedo-Cotobade, na súa disposición adicional establece que, conforme o disposto na Lei de bases de réxime local procederase ao nomeamento dunha comisión xestora da cal formarán parte todos os concelleiros e concelleiras dos municipios de Cerdedo e Cotobade. A dita comisión xestora ocuparase de rexer e administrar o novo municipio ata as vindeiras eleccións locais.

A designación dos vogais debe facerse sobre a base da suma dos concelleiros existentes nas corporacións municipais dos concellos fusionados. Neste caso o Concello de Cerdedo tiña un total de nove (9) concelleiros repartidos do seguinte xeito: sete (7) concelleiros do PP e dous (2) concelleiros do PSdeG-PSOE.

O Concello de Cotobade contaba cun total de once (11) concelleiros repartidos do seguinte xeito: sete (7) concelleiros do PP e catro (4) concelleiros do PSdeG-PSOE.

Xa que logo, en aplicación do artigo 13.4 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, a Comisión Xestora do novo municipio de Cerdedo-Cotobade estará formada por un total de vinte (20) concelleiros, repartidos do seguinte xeito: catorce (14) concelleiros do PP e seis (6) concelleiros do PSdeG-PSOE.

Igualmente establécense o día e a hora concretos en que se celebrará a sesión constitutiva da Comisión Xestora. Segundo a disposición transitoria do Decreto 134/2016, do 22 de setembro, mentres non se constitúa a Comisión Xestora a que se refire esta orde, os membros dos concellos fusionados continuarán as súas funcións soamente para a administración ordinaria. En ningún caso poderán adoptar acordos para os cales legalmente se requira unha maioría cualificada.

En consecuencia, no exercicio das facultades outorgadas polo Decreto 72/2013, do 25 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, de conformidade co disposto polo artigo 39 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, reguladora da Administración local de Galicia, e polo artigo 13.4 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e dando cumprimento ao establecido na disposición adicional do Decreto 134/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba a fusión voluntaria dos municipios de Cerdedo e Cotobade e se constitúe o municipio de Cerdedo-Cotobade,

DISPOÑO:

Artigo 1. Designación da Comisión Xestora do municipio de Cerdedo-Cotobade

Constitúe o obxecto da presente orde a designación da Comisión Xestora do novo municipio de Cerdedo-Cotobade, que será a encargada de rexer e administrar o dito municipio ata as vindeiras eleccións municipais.

O número de membros integrantes da Comisión Xestora será a suma dos concelleiros dos municipios fusionados.

Artigo 2. Membros integrantes da Comisión Xestora

Os vogais da Comisión Xestora serán os seguintes:

1. María Galiza Aguete Dorrio

2. Silvestre José Balseiros Guinarte

3. Antonio Bugallo Taboada

4. José Luis Crujeiras Garrido

5. Jorge Cubela López

6. Carmen Fortes Carames

7. María Lina Garrido Garrido

8. Javier Lois Abal

9. Yolanda Mariño Valiñas

10. María Dolores Pichel Lois

11. José Pichel García

12. Bruno Portela Leiro

13. Andrés Rodríguez Castro

14. María Teresa Sanmartín Nieto

15. María Regina Sobral Fraguas

16. María de los Ángeles Torres Vázquez

17. Agustín Troitiño Tarín

18. María Emma Valiñas Barreiro

19. Fernando Vázquez Corbacho

20. Xoel Vázquez Dios

Artigo 3. Constitución da Comisión Xestora

A sesión constitutiva da Comisión Xestora terá lugar o día 20 de outubro de 2016 ás 12.00 horas, na antiga casa do concello de Cotobade, e quedan convocados para todos os efectos os vogais designados no artigo 2 desta orde.

Artigo 4. Presidente da Comisión Xestora

Exercerá as funcións de presidente aquel vogal que resulte elixido por maioría simple de votos entre todos os membros da Comisión Xestora na sesión plenaria de constitución prevista no artigo 3 desta orde.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2016

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza