Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 17 de outubro de 2016 Páx. 47006

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2016 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación da obra de legalización e acondicionamento do soto 2 no edificio xurídico empresarial no Campus Universitario de Ourense (expediente 403/16).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

• Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais-Campus Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: 36310 Vigo.

• Teléfono: 986 81 35 56.

• Telefax: 986 81 38 57.

• Correo electrónico: xscont@uvigo.es

• Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga

• Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 403/16.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obras.

b) Descrición: legalización e acondicionamento do soto 2 no edificio xurídico-empresarial no Campus universitario de Ourense.

c) División por lotes e número de lotes/unidades: non procede.

d) Lugar de execución/entrega: Campus de Ourense.

e) Prazo de execución: 70 días naturais.

f) Admisión de prórroga: non procede.

g) C.P.V:

• 452144004: traballos de construción de edificios universitarios.

h) C.P.A: F-construcións e traballos de construción.

• 41.00.20: edificios non residenciais.

• 41.00.40: traballos xerais de construción de edificios non residenciais.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

• Redución do importe de licitación: 55 puntos.

• Calidade técnica da oferta respecto da execución da obra: 45 puntos.

4. Orzamento base de licitación: importe neto: 314.905,10 €. Importe total (IVE incluído): 381.035,17 €.

5. Valor estimado do contrato: 314.905,10 €.

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

c) Adicional: dada a relevancia na puntuación total da oferta económica, establécese unha garantía definitiva adicional dun 5 % se a oferta do adxudicatario incorre en baixa anormal ou desproporcionada.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación do contratista: grupo C-subgrupo 6-categoría 2 ou superior, ou ben grupo C-subgrupo 6-categoría C.

b) Solvencia económico e financeira, solvencia técnica e profesional: a que se indica no punto 11 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de obras mediante procedemento aberto.

c) Outros requisitos específicos: os indicados no punto 11 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de obras mediante procedemento aberto.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

b) Modalidade de presentación de ofertas: papel, tres sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

• Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

• Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais, planta baixa. Praza de Erasmo s/n. Campus de Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo 36310.

• Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para os sobres B e C na sala de xuntas de Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais, 2º andar. Praza de Erasmo s/n. Campus Lagoas-Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Aproximadamente: 1.500.€.

Vigo, 5 de outubro de 2016

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo