Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 17 de outubro de 2016 Páx. 47002

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se anuncia a licitación da contratación do servizo de lavandaría para o Hospital da Costa (Burela) e o de Calde (expediente AB-EIL1-16-012).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos. Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Enderezo: Doutor Ulises Romero nº 1, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: Lugo 27003.

4º. Teléfono: 982 29 62 29/60 47.

5º. Telefax: 982 29 65 92.

6º. Correo electrónico:

ContratacionAdm.Eoxi.Lugo@sergas.es ou rosa.gonzalez.perez@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: último día de presentación de proposicións, todos os días laborables das 9.00 ás 14.00 horas, agás os sábados.

d) Número de expediente: AB-EIL1-16-012.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de lavandaría para os hospitais da Costa (Burela) e Calde, ambos dependentes da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si, ver prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Enderezo: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

2º. Localidade e código postal: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución/entrega: vinte e catro meses.

f) Admisión de prórroga: si, ver prego de cláusulas administrativas particulares.

g) Establecemento dun acordo marco (de ser o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (de ser o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 98312000.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: un millón cento sesenta e un mil seiscentos euros (1.161.600,00 €).

5. Orzamento base da licitación:

a) Importe neto: cincocentos vinte e oito mil euros (528.000,00 €). Importe total: seiscentos trinta e oito mil oitocentos oitenta euros (638.880,00 €).

6. Garantías exixidas:

Provisional (importe): non.

Definitiva: 5 % do importe de licitación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría) (se é o caso): ver prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (se é o caso): ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 3.11.2016.

No caso de que ese día coincida en sábado, domingo ou festivo, o prazo de presentación finalizará o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Hospital Universitario Lucus Augusti.

2º. Enderezo: Doutor Ulises Romero nº 1, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: Lugo 27003

4º. Enderezo electrónico: ContratacionAdm.Eoxi.Lugo@sergas.es

d) Número previsto de empresas ás cales se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido): non procede.

e) Admisión de variantes, se procede: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: catro meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: mesas de apertura dos sobres B e C.

b) Enderezo: sala 305 da Xerencia, no Hospital Universitario Lucus Augusti, Dr. Ulises Romero nº 1, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Lugo 27003.

d) Data e hora: a data e hora de realización das mesas de apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil do contratante www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: o pagamento do anuncio desta licitación será por conta do adxudicatario/s do contrato.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (se é o caso): 23.9.2016

12. Outras informacións:

Lugo, 23 de setembro de 2016

Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos