Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 17 de outubro de 2016 Páx. 47010

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Abegondo

ANUNCIO de convocatoria de subvencións.

Mediante resolución da Alcaldía do 22 de setembro de 2016 acordouse:

Primeiro. Aprobar a convocatoria pública de subvencións a entidades sen ánimo de lucro e comisións de festas de Abegondo anualidade 2016, con cargo ás aplicacións orzamentarias 334.48002 e 338.48001.

Requisitos: os establecidos nas bases da convocatoria.

Segundo. Publicar a convocatoria no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica do concello.

Abegondo, 22 de setembro de 2016

José Antonio Santiso Miramontes
Alcalde