Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 17 de outubro de 2016 Páx. 46959

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (33/2013).

Procedemento ordinario 33/2013

Demandante: María Lorena Graña Reino

Avogado: Juan Carlos de la Torres Lobato

Demandado: Denin Sport Wear, S.L., Don Vaquero Sport Wear, S.L.

Avogado: Fogasa

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 33/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Lorena Graña Reino contra Denim Sport Wear, S.L., Don Vaquero Sport Wear, S.L. sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Parte dispositiva

Acordo:

– Admitir a trámite a demanda presentada e en consecuencia:

– Citar as partes para que comparezan o día 21.9.2016 ás 9.45 horas na planta baixa, sala 1, Edificio Rúa Berlín, para a celebración do acto de conciliación ante a letrada da Administración de xustiza e, unha vez intentada, e en caso de non se alcanzar a avinza, o día 21.9.2016 ás 9.50 horas na planta baixa, sala 1, Edificio Rúa Berlín, para a celebración do acto de xuízo perante o/a maxistrado/a.

– Advírteselle á parte demandante que, en caso de non comparecer ao sinalamento sen alegar xusta causa que motive a suspensión dos actos de conciliación e xuízo, se lle terá por desistida da súa demanda; advírteselle igualmente á parte demandada que a súa incomparecencia aos referidos actos non impedirá a súa celebración e que estes continuarán sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Respecto aos outrosís solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da LXS, paso a dar conta ao xuíz.

Ao outrosí, tense por anunciado o propósito de comparecer asistido/a representado/a de avogado/a ou graduado social para os efectos do artigo 21.2 da LXS e por designado domicilio para efectos de comunicacións, artigo 53 da LXS.

– Antes da notificación desta resolución ás partes paso a dar conta á SSª do sinalamento efectuado.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia perante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e os datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co Tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá perante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza»

Para que sirva de notificación e citación en legal forma a Don Vaquero Sport Wear, S.L. e Denin Sport Wear, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza