Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 17 de outubro de 2016 Páx. 46961

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 64/2013).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 64/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Noelia Silvana Pensado Torres contra Miguens 3, S.L. e o Fogasa, ditouse sentenza cuxa resolución di así:

Decido que debo estimar a demanda presentada por instancia de Noelia Silvana Pensado Torres contra a entidade Miguens 3, S.L. e o Fogasa, que non comparecen malia estaren debidamente citados, sobre reclamación de cantidade e debo condenar a demandada ao aboamento á demandante da cantidade de 1.354,46 euros como cantidades debidas, máis o xuro de demora do 10 % sobre a devandita cantidade.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a esta non cabe interpoñer recurso de suplicación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Miguens 3, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza