Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 17 de outubro de 2016 Páx. 46974

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vilalba (expediente IN407A 2016/72-2, 8381 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: polígono empresarial As Gándaras, Rúa A, parcela U2, Lugo.

Denominación: CT Valado.

Situación: concello de Vilalba.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión aérea a 20 kV con orixe no P47 da liña de media tensión aérea existente Muras 2 e final no centro de transformación intemperie proxectado, cunha lonxitude de 15 metros en condutor tipo LA-56.

2. Centro de transformación Valado, cunha potencia instalada de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

3. Redes de baixa tensión aéreas con orixe no centro de transformación proxectado e final nas redes de baixa tensión existentes, en condutor tipo RZ.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 23 de setembro de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo