Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 17 de outubro de 2016 Páx. 46976

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Guitiriz (expediente IN407A 2016/93-2 8402 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: polígono empresarial As Gándaras, rúa A, parcela U2, Lugo.

Denominación: cambio de localización CD Parga.

Situación: concello de Guitiriz.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión soterrada a 20 kV con orixe nunha cela existente do CD Parga (9390) e final no CD Parga proxectado, cunha lonxitude de 330 metros en condutor tipo RHZ1-150.

2. Centro de transformación prefabricado CD Parga, cunha potencia proxectada de 1.000 kVA e unha potencia instalada de 400 kVA cunha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

3. Rede de baixa tensión subterránea con orixe no CD Parga proxectado e final na RBT aérea, cunha lonxitude de 300 metros en condutor tipo RZ.

4. Redes de baixa tensión aéreas, con orixe na rede de baixa tensión subterránea e final nas redes de baixa tensión existentes, en condutor tipo RZ cunha lonxitude de 134 metros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 26 de setembro de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo