Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 17 de outubro de 2016 Páx. 46972

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Monterroso (expediente IN407A 2015/78-2, 8273 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Casa Roke, S.C.

Domicilio social: Ligonde 26, Monterroso.

Denominación: modificado LMTA, CTI e RBTA para granxa en Ligonde.

Situación: concello de Monterroso.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión aérea a 20 kV con orixe nun apoio existente tipo HV-15-630 da LMT PAL 803 Guntín 3 e final no CTI granxa agrícola (proxectado), cunha lonxitude de 66 metros en condutor tipo LA-56.

2. Centro de transformación intemperie sobre apoio de formigón, cunha potencia proxectada de 100 kVA, unha potencia inicial de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

3. Rede de baixa tensión aérea con orixe no CT proxectado en condutor tipo RZ-50, cunha lonxitude de 110 metros tensados sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 9 de setembro de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo