Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 17 de outubro de 2016 Páx. 46971

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se publica o acordo de prórroga do prazo de presentación de ofertas do procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, para a contratación da obra de remodelación integral e reordenación do tráfico da avenida da Mariña en Foz.

No DOG núm. 182, do 23 de setembro de 2016, publicouse a Resolución do 22 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, para a contratación da obra de remodelación integral e reordenación do tráfico da avenida da Mariña en Foz.

Pola Resolución do 5 de outubro de 2016, ao abeiro do disposto no artigo 1 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, debido á publicación novamente no perfil do contratante (http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=65916), do proxecto técnico, acórdase a prorroga do prazo de presentación de proposicións desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2016

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio